Wednesday 26 de June de 2024

As bandas Moura e Caldo únense para celebrar o Día da Música no Teatro Colón


O concerto terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta en ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense

A banda coruñesa ‘Moura’ e o trío vigués ‘Caldo’ ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón, no que experimentarán coa música de tradición oral.
A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presentar o seu novo EP “Fume santo de loureiro” aínda que tamén interpretarán o seu repertorio máis desexado, con cancións como “Axexan, espreitan”. Doutro lado chegará a proposta de Caldo, máis íntima e moderna como unha das imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste concerto especial, daranlle unha nova perspectiva ao seu novo disco “Lugar A Ponte”.
O concerto ofrece a posibilidade de escoitar a dúas das bandas máis recoñecidas do actual panorama galego. Propostas complementarias con dúas linguaxes distintas que conflúen nesta celebración única do Día da Música.
O concerto terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta a través da seguinte ligazón ou no despacho de billetes da praza de Ourense.